Falece unha persona e outra resulta ferida grave nunha colisión entre un coche e un camión en Lugo

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).

Unha persona faleceu e outra resultou ferida grave tras producirse unha colisión entre un turismo e un camión na estrada LU-530, no termo municipal de Lugo.

O sinistro produciuse sobre as 18:00 horas desta terza feira entre o quilómetro 11 e 12 da LU-530, ao seu paso pola parroquia lucense de Gondar.

Foron varios os particulares que alertaron ao 112 Galiza deste accidente, indicando que un camión e un coche bateron frontalmente.

Segundo a información recollida polos operadores do 112, o camión transportaba madeira, pero no momento do accidente non levaba carga. Pola súa parte, no coche viaxaban dúas persoas que necesitaban asistencia sanitaria urxente.

Con esta información, solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galiza-061 e dos Bombeiros de Lugo, así como á Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Xa no lugar, o persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida da vítima. Ademais, a outra persona ocupante do turismo foi trasladada polos servizos sanitarios.