Falece en Portomarín un peregrino cando facía o Camiño de Santiago
16 de xullo de 2024 (14:51 h.)
Os servizos sanitarios non puideron reanimar o home, que faleceu no lugar.
Un peregrino de 58 anos faleceu na mañá desta terza feira cando facía o Camiño de Santiago ao seu paso a parroquia de Castromaior, na localidade de Portomarín (comarca de Lugo). Segundo informaron fontes do 112 citadas pola axencia Europa Press, foi un particular quen deu o aviso contra as 11.40 horas, alertando de que este home estaba tirado no chan e necesitaba asistencia sanitaria.
Desde o 112 mobilizaron dúas ambulancias, o equipo sanitario de Atención Primaria, o helicóptero do servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza, a Garda Civil, o GES de Monterroso e mais Protección Civil. Con todo, non chegaron a trasladar o home a un hospital, pois faleceu no punto a pesar das manobras de reanimación realizadas polo persoal sanitario.