Falece unha traballadora dun hotel de Mondariz-Balneario tras caer por unhas escaleiras

Helicóptero do 061 (Foto: Sergas).
Segundo informou o 112, o suceso produciuse minutos antes das 15.30 horas e foron os profesionais de Urxencias Sanitarias da Galiza-061 os que deron a voz de alarma.

Unha traballadora dun hotel da avenida Enrique Peinador, en Mondariz-Balneario (O Condado) perdeu a vida este sábado tras caer por unhas escaleiras. Segundo informou o 112, o suceso produciuse minutos antes das 15.30 horas e foron os profesionais de Urxencias Sanitarias da Galiza-061 os que deron a voz de alarma.

A central de emerxencias tamén solicitou a colaboración da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea. Até o punto desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, mais os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller.