Sete falecementos nun día elevan as vítimas mortais da COVID-19 en Galiza a 27

(Europa Press)
O número de positivos supera os 1.500. 

As vítimas mortais pola epidemia de coronavirus ascenden na Galiza a 27.  A morte nestas horas de tres homes e unha muller que foran diagnosticados de coronavirus  súmanse ás outras tres mortes rexistradas durante a xornada desta terza..

En concreto, as novas vítimas mortais son un home de 92 anos e unha muller de 83 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac); un home de 78 anos que permanecía no Hospital Lucus Augusti de Lugo e outro home de 90 que era asistido no Complexo Hospitalario de Ourense (Chuo).

A xornada da segunda feira faleceran dous homes en relación á pandemia de COVID-19, segundo dados de Sanidade: un home de 69 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) e outro de 81 anos de idade que estaba no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Ambos os dous tamén presentaban patoloxías previas.

Nunha comparecencia na tarde desta terza Feira, Núñez Feixoo ofreceu dados actualizados sobre a COVD-19: na Galiza hai 1521 casos activos: 68 na UCI, 393 en hospitalización e 1060 domiciliados. 

O número de PCR realizadas é de 6.741.

No Estado español o número de persoas contaxadas sitúase case en 40.000 e o número de falecidas en 2.700.