Familias dos falecidos no 'Argos Xeorxia' prevén que os corpos cheguen a semana que vén

Reencontro dos sobreviventes galegos do 'Argos Xeorxia' coas súas familias. (Foto: César Arxina / Europa Press)
Con todo, fontes da Delegación do Goberno na Galiza indicaron que "aínda non hai data concreta".

Familiares dos mariñeiros galegos falecidos no 'Argos Xeorxia', o pesqueiro afundido o pasado 23 de xullo a unhas 200 illas das illas Malvinas, prevén que os corpos cheguen ao Estado español a semana que vén.

Segundo informou o portavoz das familias, José Manuel Pena, esta segunda feira comezaron a realizarse no Reino Unido as autopsias aos cadáveres, uns labores que durarán "tres ou catro días". Así, espera que sexa a principios da semana que vén cando cheguen á Galiza os cadáveres dos falecidos galegos.

Con todo, fontes da Delegación do Goberno na Galiza indicaron que "aínda non hai data concreta" e que será a Armadora do buque, en coordinación coas familias, a que decida cando e como se fará. Así mesmo, Pena confirmou que as declaracións aos sobreviventes da traxedia levarán a cabo no Reino Unido.

Catro das persoas que salvaron a súa vida eran galegas, mentres que unha continúa desaparecida e tres dos corpos rescatados residían na Galiza. Nos últimos días identificouse a un veciño de Noia (comarca homónima) entre os cadáveres.