Feijóo: "Os que queiman saben moi ben que este era o momento para queimar"

Feijóo atende os meios [Foto: Efe]

 

 

Feijóo negou implicitamente que a Xunta desmantelase o dispositivo anti-incendios á conclusión do verán, como apunta a oposición, e a ese respeito afirmou que "nunha hobuo tantos meios nun mes de outubro como agora".

 

Maos os meios, áereos e terrestres, vense impotentes para combater os lumes nas actuais condicións. "Con ventos de 70 a 90 quilómetros por hora, con temperaturas por veces superiores aos 30 graos e cos efeitos dunha seca prolongada, alén do feito de termos que asumir incendios que veñen de Portugal... todo iso imposibilita unha acción eficaz contra o lume", dixo.

 

O titular do goberno galego referiuse á "potentísima actividade incendiaria" que, dixo, sofreu o país durante toda a semana. "Estamos rodeados de xente que quer queimar, que quer facer dano", engadiu. Garantiu que os incendarios non ficarán impunes. "Este verán puxemos 20 detidos a disposición xudicial", dixo, ao tempo que deixou entrever que os autores dos lumes saben perfeitamente como actuar: "Os que queiman saben moi ben que este era o momento para queimar", dixo en alusión ás condicións existentes -altas temperaturas, fortes ventos, chegada do furacán Ophelia...