Feridas dúas menores en Muros aspós saltar desde unha ponte cando pasaba un barco por baixo

Central de emerxencias do 112 Galiza (Foto: 112).
Unha delas tivo que ser evacuada no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Dúas menores resultaron feridas de diversa consideración esta quinta feira após saltar desde unha ponte ao mar cando pasaba un barco por baixo, nas inmediacións da praia de Esteiro, no concello de Muros.

Segundo informou o 112 Galiza, un particular chamou á central de emerxencias pouco despois das 18.30 horas para solicitar asistencia sanitaria urxente para as dúas menores implicadas que, ao parecer, saltaron da ponte ao mar xusto cando un barco pasaba por baixo.

Como consecuencia, a primeira caeu sobre a embarcación, mentres que a segunda golpeouse e acabou na auga. Así, ambas as dúas menores foron levadas a terra, onde foron atendidas polos servizos sanitarios, que as trasladaron ao centro hospitalario de referencia. Unha delas tivo que ser evacuada no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Para este operativo, os xestores do 112 Galicia alertaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e ao GES de Muros. Tamén se informou á Policía.