Feridas dúas persoas ao caer o seu turismo por un terraplén en Melide
Dúas persoas que viaxaban nun turismo resultaron feridas ao precipitarse por un desnivel despois de saír da vía cando circulaban pola AC-840, á altura do punto quilométrico 48, en Melide.
Segundo informa o 112, un particular chamou ao servizo de emerxencias para informar dun accidente cun turismo na estrada que une Melide con Boimorto.
De acordo coa súa explicación, o vehículo caeu por un terraplén e chocou contra uns arbustos.
Debido á posición en que se atopaba o coche, os seus ocupantes poderían experimentar dificultades para abandonalo polos seus propios medios.
112
Desde o 112 Galiza informouse da situación aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Arzúa, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais da os efectivos de Protección Civil de Melide.
Unha vez no lugar, os equipos de intervención informaron ao 112 que non foi necesario empregar o material de excarceración. A pesar diso, tiveron que forzar unha das portas do vehículo para facilitar o acceso aos feridos.