Ferido grave un motorista de 69 anos nunha colisión contra un camión en Piñor

Imaxe do sinistro (Foto: Garda Civil)

Un motorista de 69 anos, veciño de Cáceres, resultou ferido grave, na tarde da cuarta feira, nunha saída de vía e colisión lateral contra un camión en Piñor, comarca do Carballiño.

Segundo informa a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 20:22 horas na autovía AG-53, punto quilométrico 63,5, sentido Santiago. O home necesitou ser trasladado en helicóptero ao hospital de Ourense (CHUO).

A vía tivo que ser cortada ao tráfico no punto do sinistro, polo que se desviou a circulación sentido Santiago no punto quilométrico 65 cara á N-525. Ás 21:30 horas ábrese o carril dereito ao tráfico no punto do sinistro, co esquerdo pechado ata finalización dos traballos.

Ao sinistro acudiron tamén un equipo de investigación de sinistros de Garda Civil de Ourense, unha ambulancia do 061, así como o equipo de mantemento da autovía, entre outros.

As probas de alcol e drogas negativas do condutor do camión. O motorista facía uso de casco e roupa de protección homologada.