Ferido un menor nunha atracción nas festas de Ribeira

Imaxe dunha atracción de feira. (Foto: Europa Press)

O aparato dispuña de todos os permisos esixidos polo Concello en regra.

 

Un menor resultou ferido na noite da pasada segunda feira nas festas de Ribeira (A comarca do Barbanza) tras darse un golpe mentres montaba nunha atracción de feira.

Segundo fontes do 112 Galiza consultadas por Europa Press, os feitos producíronse minutos antes das 22:00 horas, cando foron alertados da necesidade de asistencia médica para un neno, que tivera un contratempo na atracción.

Até alí trasladouse unha ambulancia, que derivou o mozo a un centro hospitalario. O incidente ocorreu na atracción coñecida como Barco Pirata.

Fontes municipais consultadas por Europa Press explicaron que "se tratou dun accidente". O neno metería a perna entre as barras da gaiola da que dispón a atracción, dándose un golpe e acabando dita extremidade rota.

A pesar de todo, segundo as mesmas fontes, o aparato dispuña de todos os permisos esixidos polo Concello en regra, así como de todos os certificados en vigor.