Ferido moi grave un ciclista de 70 anos atropelado de madrugada na Peroxa

Imaxe no lugar do suceso. (Foto: Garda Civil)
O accidente tivo lugar ás 3:45 horas da madrugada nun tramo recto sen iluminación pública.

Un ciclista de 70 anos resultou ferido moi grave ao ser atropelado por unha furgoneta na estrada N-540 ao seu paso polo Concello da Peroxa, comarca de Ourense.

Segundo informa a Garda Civil, o accidente tivo lugar ás 3:45 horas da madrugada nun tramo recto sen iluminación pública. O ciclista, veciño de Pitón, A Peroxa, non facía uso do de protección nin de pezas reflectoras. O condutor do vehículo resultou ileso.

O Equipo de Investigación de Sinistros do Subsector de Tráfico informa de que realiza as correspondentes investigacións para determinar as circunstancias concretas do sinistro.

O 112 Galiza indica que foi o propio condutor implicado no accidente quen contactou co servizo de emerxencias para pedir atención sanitaria porque apreciaba lesións graves no ciclista. Mobilizouse, entre outros, ao 061 a lugar do sinistro na parroquia de San Cibrao de Armental.