Crise dos pellets

A Fiscalía estuda a toxicidade dos pellets mentres Feixoo fai brincadeira: "O tóxico é responsabilizar a Xunta"

Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda esta segunda feira (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Feixoo asegurou que os pellets “non son tóxicos” mais esta segunda feira a Fiscalía, da man do fiscal Antonio Vercher, indicou que os plásticos “presentan indicios de toxicidade”. "Non son biodegradábeis, non poden eliminarse e contribúen á contaminación por microplásticos", engadía.

O presidente do PP estatal e ex presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, reprochou ao Goberno español que se responsabilice á Xunta da vertedura de pellets plásticos que chegaron ao litoral galego. Para Feixoo, os microplásticos "non son tóxicos", o que é "tóxico é a utilización política que se está facendo dunha vertedura nas costas portuguesas que o mar trouxo ás costas galegas e, de momento, ás costas asturianas".

"O que é tóxico", continuou Feijóo, é "responsabilizar a Xunta, que é quen padece esta vertedura no litoral portugués, por parte dun Goberno que, parece ser, ten información desde o 20 de decembro e non se pon en contacto coa Xunta até o 3 de xaneiro".

Para o líder da oposición no Estado, tamén "resulta tóxico e perigoso tomar os galegos por persoas pouco intelixentes". "Pensar que os galegos non temos memoria, temos moita memoria e sabemos o que fixo o Partido Socialista contra o Partido Popular cando gobernaba e houbo unha vertedura tóxica e perigosa como foi o Prestige", argumentou nunha entrevista en Onda Cero na cal condenou "contundentemente esa falta de respecto". O dirixente popular defendeu así a xestión do executivo de Alfonso Rueda que

"Indicios de toxicidade"

Feixoo asegurou que os pellets “non son tóxicos” mais esta segunda feira a Fiscalía, da man do fiscal Antonio Vercher, indicou que os plásticos “presentan indicios de toxicidade”. "Non son biodegradábeis, non poden eliminarse e contribúen á contaminación por microplásticos", engadía.

Non obstante, a Xunta aseguraba que “temos a confirmación de que non é perigoso, pero si é plástico", apunta a nota, apuntando ás declaracións da conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez. Suprímese das declaracións do goberno galego o termo "tóxico". Un matiz importante tendo en conta que a Fiscalía apreciou "indicios de toxicidade" neste material.