Unha forte sarabia provoca un accidente na AP-9 coa involucración dun total de sete vehículos

Forte saraiba na AP-9 (Foto: Estradas Barbanza).
Foron varias as particulares que alertaron en distintas chamadas do sucedido.

Unha forte sarabia provocou un accidente na AP-9, no punto quilométrico 114, en Portas (Caldas), que involucrou un total de sete vehículos, seis turismos e un furgón, segundo informou o servizo de emerxencias 112.

Foron varias as particulares que alertaron en distintas chamadas do sucedido, ao redor das 14.30 horas, apuntando a unha forte sarabia como a posíbel causa da colisión entre os distintos vehículos.

Inicialmente, o ocupante dun coche alertaba da colisión con outro, nun tramo en dirección Vigo, mentres que, con posterioridade, fixérono outros ao chocar tamén, o que converteu o suceso nunha accidente múltiple.

Asistencia sanitaria

Unha persoa solicitou tamén asistencia sanitaria, co posterior traslado dun ferido por parte de Urxencias Sanitarias 061. Ao lugar, desprazáronse, entre outros, efectivos da Garda Civil e de Protección Civil de Cuntis (Caldas).