Galiza abeira os 2.000 casos activos por coronavirus

(Foto: M.Dylan / Europa Press)

A cifra de persoas contaxiadas nas residencias é de 84. Hai dous novos falecementos pola Covid, ambos na área sanitaria de Lugo.

Continúa o aumento de persoas contaxiadas por Covid-19 na Galiza e o número de casos activos xa está practicamente nos 2.000: 1.9995, o que supón un incremento de 212 casos activos en 24 horas.

Outro dato para a preocupación e que os aumentos de casos rexístranse en todas as áreas sanitarias galegas, nestas horas nomeadamente na de Lugo (con 84 casos novos) e a da Coruña, con 69.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 1.995.

Deles 1.114 son da área da Coruña (+69), 254 da de Lugo (+84), 179 da de Ourense (+2), 85 da de Pontevedra (+5), 144 da área de Vigo (+3), 130 da de Santiago (+17), e 89 da de Ferrol (+12).

Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 67 en unidades de hospitalización e 1.922 no domicilio.

Polo de agora, na Galicia hai un total de 11.737 persoas curadas, rexistrándose 628 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns da área sanitaria de Lugo, de 93 e 77 anos, e que tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 294.691.

O número de casos activos nas residencias é de 84, dos cales 68 son persoas usuarias e 16 traballadores e traballadoras. A residencia do Incio, intervida pola Xunta desde a noite desta quinta feira, centra as preocupacións