Galiza acada os 2.300 falcementos pola Covid

Un vehículo dunha funeraria saíndo da residencia Porta do Camiño, en Compostela, unha das habilitadas pola Xunta de Galiza para acoller usuarios e usuarias de centros de maiores do norte do territorio galego coa COVID-19 (Imaxe: Arxina).
A cifra de persoas falecidas creceu na Galiza un 6,28% en 2020.

A Consellería de Sanidade notificou este domingo o falecemento doutras catro persoas con coronavirus, o que eleva a 2.300 o número de vítimas da pandemia na Galiza.

Estas catro persoas contaban con patoloxías previas. Dúas delas faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Trátase de dous homes de 89 e 79 anos.

Un terceiro home de 85 anos faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e a cuarta vítima foi unha muller de 72 anos que morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. 

A cifra de persoas falecidas creceu na Galiza un 6,28% en 2020 respecto ao ano anterior (1.959 defuncións máis) e repunta un 12,3% nas dúas primeiras semanas de 2021 en taxa interanual (231 mortes máis), segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este exceso de mortes de 2.190 persoas é superior en 731 persoas ao de 1.459 mortes que era a cifra oficial da Xunta de falecidos por coronavirus a 10 de xaneiro, segundo recolle na súa páxina web