Perto dun ano de espera pola tramitación da dependencia
A 30 de novembro, na Galiza existían 8.728 casos pendentes de resolución e 410 expedientes pendentes de valoración, é dicir, un total de 9.138 casos á espera dalgún trámite. Ademais, os datos tamén amosan que 12,4% das persoas que teñen dereito a esta atención á dependencia están desatendidas, na espera por algún trámite.
No resto do territorio estatal, o tempo medio de tramitación é de 426 días desde que se presenta a solicitude, segundo se desprende dos datos estatísticos do Sistema de Información do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, Sisaad, recollidos polo Observatorio Estatal para a Dependencia.
"Estes datos explican que a pesar do incremento paulatino do número de persoas atendidas nos últimos dous anos, o ritmo é claramente insuficiente para absorber as demandas de valoracións e atencións", indica o informe.
O estudo tamén apunta a que até novembro de 2019 incrementouse o numero de persoas en espera de valoración de grao de dependencia e en espera de atención de servizos ou prestacións, até as 423.000 persoas en todo o estado.