A Galiza estará este domingo en alerta amarela por temporal costeiro na Coruña e na Costa da Morte

Fortes ondas por un temporal na Coruña, en febreiro de 2024. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso

A Galiza estará este domingo en alerta amarela por un temporal costeiro no noroeste da Coruña e na Costa da Morte xa que se esperan ventos do nordés de forza sete.

Segundo MeteoGalicia, a costa da Coruña activará o aviso ás 18 horas deste sábado e a Costa da Morte ás 18 horas do domingo.

Durante esa xornada, a comunidade seguirá con dominio das altas presións centradas cara ao norte, o que provocará algunhas néboas illadas en comarcas do interior que se irán disipando, deixando ceos despexados en todo o territorio.

As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do noroeste, fortes no litoral norte e frouxos no resto.