Galiza rexistra 6.826 nacementos na primeira metade de 2023, 1,5% menos que o ano anterior

Os nacementos baixan con respecto ao ano pasado (Foto: Nós Diario)
Na Galiza, no que vai de ano rexistráronse 19.073 óbitos, que son 8,29% menos que o ano pasado pero 3,1% por encima que o dato de 2019. Na última semana analizada -a número 30-, faleceron 499 persoas no país.

Galiza rexistrou un total de 6.826 nacementos na primeira metade do ano, entre os meses de xaneiro e xuño, o que supón unha baixada de 1,48% con respecto ao mesmo período de 2022.

De acordo con datos publicados esta cuarta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE), en todo o Estado os nacementos nos primeiros seis meses do 2023 caeron 2,51%, máis que 1,48% da Galiza.

Galiza sitúase así coa cuarta baixada de entre os territorios do Estado. Só anotan descensos máis suaves o País Valencià (-0,07%), Estremadura (-0,38%) e a Comunidad de Madrid (-1,2%).

No caso galego só hai dous territorios en que diminúen os nacementos con respecto ao ano pasado. É o caso de Pontevedra, onde houbo 2.383 novos bebés até xuño (-4,12%), e Ourense, con 635 (-1,07%).

No lado oposto están Lugo e A Coruña, onde os nacementos subiron lixeiramente na primeira metade do 2023 en comparación ao mesmo período do 2022. En concreto, naceron 835 entre xaneiro e xuño en Lugo, un 0,62% máis; e 2.973 na Coruña, 0,04% máis.

Iso si, se se comparan os datos con respecto á primeira metade de 2019, a caída dos nacementos en Galicia sitúase en 11,8%, un punto máis que a nivel estatal.

Xuño

Durante o pasado mes de xuño do presente ano, na Galiza houbo 1.208 nacementos, unha cifra que creceu 1,26% -15 máis- con respecto ás 1.193 do mesmo mes de 2022.

De novo, subiron os nacementos en xuño na Coruña, até os 532 (+20), e en Lugo, até 146 (+4); mentres baixaron en Ourense, a 110 (-9), e mantivéronse estables en Pontevedra, con 421.

En todao Estado, rexistráronse 26.513 neonatos en xuño, polo que o número de nacementos no primeiro semestre do ano ascende a 155.629, 2,51% menos en comparación co mesmo período de 2022.

Defuncións

Na Galiza, no que vai de ano rexistráronse 19.073 óbitos, que son 8,29% menos que o ano pasado pero 3,1% por encima que o dato de 2019. Na última semana analizada -a número 30-, faleceron 499 persoas no país.

En todo o Estado, faleceron nas 30 primeiras semanas do ano 255.641 persoas, ao morrer 7.328 na última semana, o que supón 7,77% menos que no mesmo período de 2022 e 2,48% máis que nas mesmas semanas de 2019.