Galiza supera xa os 1505 casos activos de coronavirus

(Foto: Europa Press)

Son 105 máis ca onte. Os casos rexistrados nas residencias son 16.

De cento en cento. O aumento dos casos activos de coronavirus na Galiza é dun día a outra de máis de cen en cen. Entre esta segunda feira e hoxe, terza feira, foi de 105 e sitúa os casos activos rexistrados na Galiza por riba dos 1.500: 1.505.

Ademais, continúa a subir o número de casos nas residencias, que xa é de 16, dos cales 11 corresponden a persoas usuarias e 5 a traballadores e traballadoras.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus Galiza é de 1.505.

Deles 921 son da área da Coruña (70 máis ca onte), 113 da de Lugo (+3), 131 da de Ourense (+17), 75 da de Pontevedra (+5), 139 da área de Vigo (que non varía), 67 da de Santiago (+4), e 59 da de Ferrol (6 máis).

Do total de pacientes positivos, 6 permanecen en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.444 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.625 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 283.781.