O Goberno español e as autonomías pospoñen o acordo do novo modelo de residencias

Os expedientes da dependencia acostuman rexistrar amplos atrasos no país. (Foto: Europa Press)
Fuentes ministeriais precisaron a Europa Press que o Executivo estatal e as CCAA acordaron "pospor a votación" á espera de "pechar os últimos detalles".

O Goberno español segue sen conseguir acadar un acordo coas autonomías para dar luz verde ao novo modelo de residencias proposto polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Fuentes ministeriais precisaron a Europa Press que o Executivo estatal e as CCAA acordaron "pospor a votación" á espera de "pechar os últimos detalles".

O Ministerio de Dereitos Sociais confía en poder chegar a un acordo "ao longo do próximo mes" no que o ratio nos centros residenciais diminúa até "un traballador por cada dous residentes, se amplíe o número de habitacións individuais nas residencias públicas e se estabelezan núcleos de convivencia de 15 persoas como máximo".

O documento, que se ía a votar esta cuarta feira no Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema de Atención á Dependencia, presidido pola ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, propón, entre outras medidas, un prazo de tres anos para a "supresión total" das suxeicións físicas, químicas ou farmacolóxicas, e estabel  que as novas residencias públicas deberán contar, cando menos, con 65% de habitacións individuales.

Ademais, os centros proxectados non poderán superar entre as 75 e as 120 prazas, dependendo da densidade de poboación.

Así mesmo, co obxectivo de que a residencia se pareza o máis posíbel a un "fogar", proponse que a vida das residencias sexa organizada en pequenas unidades de convivencia, cun máximo de 15 persoas. Igualmente, promóvese a mellora dos servizos de axuda a domicilio xunto co centro de día ou a teleasistencia.

Respecto aos ratios, o texto estabelece que en centros residenciais o ratio de atención directa conxunta incrementarase paulatinamente de 0,39 en decembro de 2023 a 0,51 en decembro de 2029 en anciáns, e de 0,50 a 0,58 en centros para persoas con discapacidade, estabelecéndose un ratio para a atención directa de primeiro nivel en 0,43 e 0,50, respectivamente, en 2029, fronte aos 0,42 e 0,44 de 2008.

Postura da Xunta: "irrealizábel"

A conselleira de Política Social, Fabiola García, cualificou de "irrealizábel" a proposta do Goberno español para o novo modelo de residencias.

García argumentou que suporía un "importante número de prazas" e de postos de traballo, ademais de consideralo como un "modelo discriminatorio" para as residencias rurais con respecto ás urbanas.