Urxencias e Emerxencias será unha nova especialidade de estudos

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría, na rolda de prensa( Foto: A Pérez Meca / Europa Press). 02/7/2024
O Consello de Ministras aproba unha nova rama dentro de Medicina que terá un novo programa formativo.

A portavoz do Goberno español e ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría, informou onte da aprobación en Consello de Ministras do Real Decreto (RD) para crear a especialidade de Urxencias e Emerxencias, unha proposta, entende, "altamente demandada agora" pola profesión sanitaria.

Alegría explicou que os estudos durarán, como mínimo, catro anos. Os dous primeiros serán comúns á especialidade de Medicina de Familia e Comunitaria, e a norma estabelece un procedemento para que quen acceda desde unha das dúas especialidades obteña o título da outra mediante unha proba de avaliación e un período formativo.

Ademais, estabelécese un procedemento para que quen acceda, dunha das especialidades, poidan obter o título da outra, mediante unha proba de avaliación e un período formativo.

A norma tamén regula o acceso extraordinario para profesionais que cumpran certos requisitos de experiencia e formación. Neste caso, terán que acreditar a prestación de servizo durante, polo menos, catro anos.

Tamén poderán facelo tras a superación dunha proba práctica e acreditando que exerceron profesionalmente entre dous e catro anos, sempre e cando sexa nos catro anos inmediatamente anteriores á entrada en vigor deste real decreto.

As probas prácticas, para comprobar que as persoas aspirantes adquiriron as competencias necesarias para o exercicio da especialidade, consistirán na análise de tres casos clínicos, relacionados co perfil profesional, utilizando como referencia o programa formativo oficial.