Guindan un artefacto incendiario contra a residencia oficial de Feijóo

Imaxe: turismo.gal

Tamén foron atacados varios caixeiros automáticos en Compostela

A Policía investiga o lanzamento a pasada madrugada dun artefacto incendiario de fabricación caseira contra a residencia oficial de Núñez Feijóo, Monte Pío, en Santiago de Compostela. O Concello de Compostela condenou este feito e informou que tamén foron atacados varios caixeiros automáticos no Ensanche da capital galega, un en Frei Rosendo Salvado e outro na confluencia rúas Santiago de Chile e A Rosa.

 

Fontes policiais informaron Europa Press de que a investigación está aberta se ben polo de agora non hai ninguén detido. Fontes municipais apontan a que todos os ataques poderían ser realizados por unha mesma persoa.

 

O artefacto podería ser un cóctel molotov. Impactou contra o muro na zona de acceso de vehículos e non causou danos.