Mercedes Oliveira

"Hai máis xente comprometida co feminismo que en ningunha outra época"

Mercedes Oliveira

Este domingo quen toma a palabra en #VenhanMais5 é Mercedes Oliveira, catedrática de Filosofía do instituto Alexandre Bóveda de Vigo e especialista na educación afectivo-sexual na adolescencia. 

 

 

 

-Como avalías o estado actual das cuestións relativas á igualdade no noso país?

 

-O estado actual da igualdade segue a ser preocupante.  Hai moitos comportamentos machistas e as redes ainda inzan mais a sua visibilidade. Pero tamen hai mais xente comprometida co feminismo que en ningunha outra época. Digamos que a xente se foi posicionando. 

 

-E que evolución agardas a cinco anos vista?

 

-Teño moita confianza na xuventude. Creo que estamos a vivir un fenómeno sociolóxico de concienciación da xente nova sen precedentes. Son moi ilusionantes os datos como a cantidade de adolescentes que había nas manifestacións do 8 de marzo, a macro-manifestación das mulleres contra Trump, e, a un nivel mais local, un fenómeno como Comando da Igualdade en Coia...

 

-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

 

-Espero que sigades dándolle visibilidade a este problema e contando co asesoramento de persoas expertas para incluír sempre a perspectiva de xénero en todos os temas.