Hijas del Divino Celo-Rogacionistas xestionará un centro de moz@s que están baixo a tutela da Xunta

A entidade relixiosa ocuparase dun centro en Burela cun orzamento de 104.504,75 euros, exentos de IVE

Hijas del Divino Celo-Rogacionistas é o nome da entidade privada que resultou adxudicataria do servizo de atención a oito moz@s tutelad@s pola Xunta de Galiza no centro de San Aníbal, en Burela. O orzamento final que recibirá será de 104.504,75 euros, exentos de IVE.

Así o publica esta quinta feira o Diario Oficial da Galiza --DOG--, nuns días nos que as novas que chegan desde o eido do ensino público fan referencia ao desmantelamento deste dereito, co peche de centros públicos, de Preescolar na Casa, a eliminación de prazas de profesorado, o reagrupamento de alumnado e a volta ás escolas unitarias do franquismo.

Desde CIG-Administración denuncian que esta decisión "non é unha cuestión orzamentaria, senón un concepto diferente de como deben ser prestados estes servizos", levándoos ao eido do asistencialismo, alén do "negocio" que entenden que a Xunta ve nos dereitos básicos de educación e sanidade.