Un home falece afogado nunha praia de Rianxo

Imaxe de arquivo dun helicóptero medicalizado. (Foto Europa Press)
Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 17 horas desta quinta feira e foi un particular que o sacou da auga o que solicitou asistencia sanitaria urxente.

Un home perdeu a vida na praia de Tanxil, no concello de Rianxo (O Barbanza), tras ser rescatado da auga. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 17 horas desta quinta feira e foi un particular que o sacou da auga o que solicitou asistencia sanitaria urxente.

Até o punto, desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Compostela. A pesar dos esforzos por reanimalo só puideron confirmar a morte da persoa. A central de emerxencias tamén alertou a Salvamento Marítimo, a Gardacostas da Galiza, á Garda Civil, á Policía Local e a membros de Protección Civil.