Un home morre atropelado na N-525 ao seu paso polo concello da Estrada

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Até o lugar do accidente achegáronse sanitarios que non puideron facer nada finalmente para salvar a vida ao home.

Un home faleceu despois de ser atropelado na estrada N-525 ao seu paso pola parroquia de Loimil, no concello da Estrada (comarca de Tabeirós), segundo informou 112 Galiza.

Até o lugar do accidente achegáronse sanitarios que non puideron facer nada finalmente para salvar a vida ao home.

Interviñeron urxencias sanitarias da Galiza 061, Garda Civil de Tráfico e servizos de mantemento de estradas.