Hospitalizado un condutor tras ficar atrapado no seu vehúculo en Monforte após un accidente

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
O sinistro tivo lugar na mañá desta terza feira, cando o coche circulaba polo lugar de Seoane, no quilómetro 5 da estrada LU-617, que une Monforte e Escairón.

Un condutor resultou ferido e tivo que ser excarcerado e evacuado a un centro hospitalario tras saírse da vía o coche no cal circulaba en Monforte de Lemos, segundo informou o 112 Galiza.

O sinistro tivo lugar na mañá desta terza feira, cando o coche circulaba polo lugar de Seoane, no quilómetro 5 da estrada LU-617, que une Monforte e Escairón. Un particular alertaba a Emerxencias e informaba de que o condutor permanecía no interior do vehículo accidentado.

O CIAE 112 Galiza mobilizou Urxencias Sanitarias-061, Bombeiros de Monforte, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e servizos de mantemento de estradas.

Os Bombeiros tiveron que excarcerar ao condutor ferido que, posteriormente, foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.