Un incendio forestal calcina 30 hectáreas en Crecente

Incendio iniciado a pasada quinta feira en Crecente (A Paradanta). (Foto: Incendios Galicia)

A Consellaría do Medio rural informou de que o lume atópase ‘controlado’.

Un incendio rexistrado no concello de Crecente (comarca da Paradanta), na parroquia de Filgueira, atópase controlado, segundo informou na mañá desta sexta feira a Consellaría do Medio Rural.

De acordo con as últimas estimacións, afecta unha superficie de 30 hectáreas. O lume quedou controlado ás 08.38 horas desta sexa feira tras iniciarse o día antes arredor das 23.27 horas.

Para o seu control, mobilizáronse, até o momento, entre medios materiais e humanos, un técnico, doce axentes, 17 brigadas, 18 motobomas e tres pas.

A Consellaría do Medio Rural lembra que esta ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.