VÍDEO NO INTERIOR

Incendio nun barrio de Compostela

Columna de fume no barrio compostelán de Pontepedriña, tras a estación de tren, hoxe. (Foto: Nós Diario)
Sobre as 14:30 unha visíbel fumareda saía da zona entre os barrios composteláns de Pontepedriña e Castiñeiriño. 

Sobre as 14.30 horas desta sexta feira unha visíbel fumareda saía da zona entre os barrios composteláns de Pontepedriña e Castiñeiriño. Até o lugar xa se desprazaron efectivos de emerxencias. Tres vehículos quedaron danados, un practicamente ao completo, ao queimarse un contendor de papel e parcialmente outro que estaba á beira.