Os informativos da Radio Galega silencian o premio José Couso a Defende a Galega

radio galega

En edicións anteriores deste galardón á Liberdade de Prensa a radio pública galega si que informara dos gañadores. 

O premio José Couso de Liberdade de Prensa outorgado a Defende a Galega non existe para as ouvintes da Radio Galega. Non se informou deste galardón –cuxo gañador se deu a coñecer a media mañá deste sábado- para esta iniciativa dos traballadores e traballadoras da CRTVG nin no informativo da 13:00 horas nin no das 14:00. Porén, outras radios si o fixeron, como a Radio Nacional de España ou Cadena Ser, entre outras.

 

Esta actitude contrasta coa mantida pola canle pública en anos anteriores a respecto deste premio e do que si se informaba do seus gañadores. Así, en 2018, deuse información de que o José Couso foi para a xornalista galega mais radicada desde hai anos en Catalunya Julia Otero.