Unha investigación encontra até 56 galaxias "xemelgas" á Vía Láctea no Universo

Mapa tridimensional da Vía Láctea (Foto: ESA).
Segundo revela o estudo, o conxunto de galaxias completamente diferentes á nosa presentaría unha serie de condicións que poderían ser as que experimente a propia Vía Láctea no futuro, anticipando así a súa evolución.

Un grupo de astrónomas e astrónomos internacionais realizou unha investigación de galaxias para demostrar a existencia dun conxunto de patróns presentes na Vía Láctea que se reitera noutras estruturas cósmicas.

Este equipo investigador achou até 56 galaxias "xemelgas", de acordo cun artigo publicado na revista Universe Today.

Análise de 10.000 galaxias

O estudo está realizado por astrónomos dos EUA, Reino Unido e Chile, e comprendeu a análise de 10.000 galaxias co propósito de buscar exemplos de estruturas con atributos similares á Vía Láctea.

Seleccionáronse 138 galaxias superficialmente similares á nosa, identificaron que 56 galaxias son moi similares e 27 totalmente diferentes.

Segundo revela o estudo, o conxunto de galaxias completamente diferentes á nosa presentaría unha serie de condicións que poderían ser as que experimente a propia Vía Láctea no futuro, anticipando así a súa evolución.

Os científicos reduciron o tamaño da mostra que con todo é unha pequena porción da totalidade, seleccionaron só aquelas galaxias que coincidían, polo menos superficialmente, co que sabemos sobre a Vía Láctea en tres amplas categorías.

O estudo

Primeiro, filtraron galaxias cunha masa total similar á da Vía Láctea. En segundo lugar, descartaron galaxias que tivesen unha distribución moi diferente, por último, buscaron galaxias con algunha das formas aceptadas nos estándares actuais.

A característica central do primeiro grupo de galaxias “xemelgas” da Vía Láctea é que son estruturas que parecen non ter ningunha diferenciación entre as súas rexións internas e externas.