Unha muller e un home morren no Porriño por arma de fogo

A Garda Civil non desbota que se trate dun caso de violencia machista.

 

A Garda Civil investiga a morte dun home e unha muller no Porriño. Os seus cadáveres apareceron na tarde desta segunda feira nun garaxe xunto a unha escopeta. Ao parecer, os dous faleceron de forma violenta, xa que presentaban feridas de arma de fogo. El, duns 50 anos, era albanel e ela, Magdalena, de 40, traballaba nunha tenda de alimentación. 

 

De momento descoñécense os pormenores do suceso mais os investigadores non desbotan que se trate dun caso de violencia machista, aínda que non existían denuncias previas.

 

Foi o fillo das vítimas o que chamou ao servizo de Urxencias após atopar os corpos na casa, situada no Lugar das Filgueiras, na parroquia de Chenlo.

 

Segundo dados oficiais, Galiza sufriu nestes dez anos 42 crimes de violencia machista que deixaron 25 menores de idade orfos de nai.