Investigan un presunto caso de violencia machista en Ourense

A policía detivo a exparella dunha muller á que se lle incendiou o piso.

Esta quinta feira a policía detivo o ex-compañeiro dunha das mulleres --nai e filla-- ás que lles ardeu o piso na rúa Río Tuño de Ourense. As autoridades xudiciais investigan se podería tratarse dun caso de violencia machista, segundo recolle Europa Press

Mantense aberta a investigación pola morte de Rosa R.R. en Porto do Son no que podería ser máis un caso de violencia machista

Malia o lume, ningunha das mulleres se atopaba na vivenda polo que, embora existiren danos materiais os bombeiros puideron resgatar un can que se atopaba no momento do incendio no interior do piso. 

Ambas as dúas mulleres foron realoxadas polos Servizos Sociais noutra vivenda após ficar a delas inhabitábel. Aliás, o Centro de Información Municipal á Muller (CINM) iniciou a xestión dunha axuda de emerxencia e de atención psicolóxica para as dúas mulleres. 

No que vai de ano na Galiza foi asasinada unha muller, Ana Gómez (Becerreá) e mantense aberta a investigación a respeito doutro posíbel feminicidio en Porto do Son. Aliás, a fuxida dunha muller de 26 anos de Baralla que estivo desaparecida durante dous días tamén derivou nun proceso xudicial por violencia machista.