Ir a un funeral, das actividades máis perigosas segundo 700 epidemiólogos

(Foto: Europa Press).

‘The New York Times’ pregunta científicos e epidemiólogos sobre o risco de contaxio de coronavirus en actividades cotiás ou relativamente habituais.

The New York Times preguntou a 700 científicos e epidemiólogos de Estados Unidos sobre as posibilidades e risco de copntaxio por Covid en actividades cotiás ou relativamente habituais, tal e como recolle Nació Digital.

Neste contexto, a metade deses 700 expertos consultados di que non cambiarán o seu comportamento actual (coas precaucións que se deben tomar neste momento) até que no mínimo 70% da poboación se vacine. Pola contra, 30% di estar disposto a facer algúns cambios, iso si, unha vez que eles mesmos estean vacinados.

E cal consideran eses expertos as actividades máis perigosas para contraer o virus do coronavirus?: Pois sinalan as de xantar  no interior dun restaurante, ir a unha voda ou funeral, e ir ao teatro, unha actividade deportiva ou un concerto.

A metade di que non cambiarán o seu comportamento actual (coas precaucións que se deben tomar neste momento) até que no mínimo 70% da poboación se vacine

Por outra banda, os que implican menos risco son: ir traer unha carta (75%), ir de viaxe ao aire libre con amigos (72%) e facer un pedido persoalmente no supermercado ou na farmacia (46%).

"Os epidemiólogos son un grupo moi cauto", indica o diario estadounidense. A maioría manifesta que incluso con vacinas, moitas actividades tardarán un ano ou máis en poder realizarse con total seguridade.

Algúns, máis pesimistas. van máis alá e consideran que a súa vida nunca será a mesma que antes.