José Fernando Martínez Quiroga, novo fiscal delegado de violencia sobre a muller na Galiza

Até agora ocupaba a responsabilizade de fiscal delegado de violencia sobre a muller na provincia da Coruña,

José Fernando Martínez Quiroga foi nomeado novo fiscal delegado da especialidade de violencia sobre a muller na Galiza, como recolle esta terza feira o Boletín Oficial de Estado (BOE).

Quiroga, que até agora ocupaba a responsabilizade de fiscal delegado de violencia sobre a muller na provincia da Coruña, ocupará o posto que estaba vacante desde xuño, cando presentou a súa renuncia ao mesmo Rosalina Carreira Cotado, que ostentaba o cargo desde o 2018.

O decreto co seu nomeamento publicado no Boletín Oficial de Estado sinala que o pasado día 3 de novembro tivo entrada na Inspección Fiscal da Fiscalía Xeral do Estado escrito do fiscal superior galego no que se propuña o nomeamento de Martínez Quiroga como delegadodesta rama.

Para cubrir a praza, o fiscal superior galego comunicou aos fiscais xefes das provincias da Galiza a necesidade do nomeamento e abriu un prazo para que os fiscais provinciais delegados puidesen solicitala.

Conforme sinala o BOE, o único peticionario foi José Fernando Martínez Quiroga, de quen o fiscal superior destaca os seus méritos para desempeñar o cargo.