A lista provisional de admitidos nas escolas infantís da Xunta poden consultarse a partir de hoxe

Imaxe de afquivo dunha escola infantil da Galiza Azul en Fene-Barallobre (Foto: Xunta).

A Xunta publica este luns lista provisional de admitidos nas escolas infantís para o próximo curso, que as familias poderán consultar na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Desta forma, segundo informou a Administración pública, a partir da terza feira e até a segunda feira 13 abrirán un período para presentar alegacións.

As listas definitivas de admitidos nas máis de 170 escolas infantís da rede pública autonómica será pública o día 31 de maio, após realizar o cribado de solicitudes dun mesmo solicitante para varias escolas.

Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Xunta está fixado para o 6 de setembro.