Localizado en bo estado o menor de 14 anos fuxido en Vigo de forma voluntaria a semana pasada

O vigués Iker Silva Crespo. (Foto: SOS Desaparecidos)

Segundo informaron fontes da Policía Nacional, o neno volveu a casa a través duns familiares.

Iker Silva Crespo, o menor de 14 anos fuxido en Vigo de forma voluntaria a semana pasada, foi localizado esta terza feira "en bo estado". Segundo informaron fontes da Policía Nacional, o neno volveu a casa a través duns familiares.

Corpos de seguridade, familiares e amigos levaban días buscando este rapaz, que segundo transcendeu fuxiu voluntariamente da casa o pasado 16 de xaneiro. Foi a súa familia a que interpuxo a denuncia, despois de que o neno non aparecese desde o 16 de xaneiro.

A asociación SOS Desaparecidos puxo unha alerta —xa desactivada— e, horas despois, a Policía Nacional informaba de que o neno fuxira voluntariamente, polo que se fixeron as xestións necesarias até dar co seu paradoiro.