Localizado o corpo sen vida dunha muller nunha poza de regadío en Arbo

Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza. (Foto: Nós Diario)
Foi un familiar quen deu a voz de alarma e chamou ao 112.

O corpo sen vida dunha muller foi localizado na tarde deste sábado no lugar de Rozas, na parroquia de Sela, en Arbo (A Paradanta).

Segundo informou o 112, o suceso produciuse contra as 17.45 horas. Foi un familiar quen atopou a muller nunha poza de regadío e deu a voz de alarma. Os servizos sanitarios desprazados até o lugar só puideron confirmar o falecemento da muller.

Até o lugar desprazouse a Garda Civil, os efectivos do GES-Speis de Ponteareas e das Urxencias Sanitarias de Galiza-061 que valorou a saída do helicóptero medicalizado, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.