Localizado morto un home de avanzada idade no seu piso da Coruña tras alertar a veciñanza dun "cheiro forte"

Camion de bombeirros da Coruña, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Bombeiros da Coruña)

Aconteceu una rúa Ángel Senra.

O corpo sen vida dun home de avanzada idade foi localizado na noite desta segunda feira nunha vivenda da Coruña tras alertar a veciñanza dun forte cheiro.

Efectivos dos bombeiros desprazáronse ao lugar tras ser avisados, sobre as dez da noite, con motivo dunha asistencia na citada vivenda.

Segundo precisaron á axencia Europa Press os bombeiros, no seu caso procederon á apertura da vivenda tras acceder á mesma por unha xanela.

Foi a veciñanza a que alertou dun forte cheiro no piso da rúa Ángel Senra e explicaron que levaban varios días sen ver o residente. Ao entrar, localizouse o cadáver do home, de avanzada idade. Ao lugar desprazáronse tamén efectivos da Policía española.