Localizan o cadáver dunha muller de 53 anos na parroquia viguesa de Beade

Parque forestal de Beade en Vigo (Foto: Concello de Vigo).
Segundo confirmaron fontes policiais, o corpo da muller, que se atopaba cara abaixo, foi atopado por un veciño que estaba a realizar tarefas de roza nas proximidades.

A Policía Nacional identificou o cadáver localizado esta pasada segunda feira nunha leira dunha zona rural de Vigo, que pertencía a unha muller de 53 anos de idade veciña da cidade.

Segundo confirmaron fontes policiais, o corpo da muller, que se atopaba cara abaixo, foi atopado por un veciño que estaba a realizar tarefas de roza nas proximidades da rúa Falcoido, nunha zona de difícil acceso na parroquia de Beade (perto da Avenida Clara Campoamor).

Autopsia

As mesmas fontes indicaron que esta terza feira estase a realizar a autopsia ao corpo, mentres que o grupo de investigación realiza xestións de contorna e horas previas ao falecemento da muller, para tratar de pescudar que puido ocorrer.

No lugar do achado recolléronse vestixios e tamén se tomaron pegadas do corpo, que a primeira ollada non presentaba signos de violencia.

Todo apunta a que a muller levaba varios días falecida cando foi localizada.