Localizan o corpo sen vida dun home de 78 anos dentro dunha cuba de viño en Portas

Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza. (Foto: Nós Diario)

Un home de 78 anos apareceu morto dentro dunha cuba de viño no lugar de Rial, pertencente ao municipio de Portas, na comarca de Caldas.

Segundo informaron fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press, o suceso produciuse sobre as 20:00 horas da sexta feira e a hipótese principal é que a morte se debe aos gases provocados pola fermentación do viño ou por unha indisposición do home antes de caer na cuba.

Até o punto desprazáronse os Bombeiros de Ribadumia e Protección Civil de Cuntis e de Portas.