Localizan en Fene o corpo dun home que levaba varios días morto no seu domicilio

Vehículo do GES de Mugardos. (Foto: GES de Mugardos)
O achado prodúcese horas despois de que o pasado domingo 25 de agosto tamén fose localizado o corpo sen vida dunha muller octoxenaria en Narón.

O corpo sen vida dun home foi localizado na noite desta segunda feira nunha vivenda da parroquia de Barallobre, en Fene (Ferrolterra). Os seus veciños alertaran da desaparición na tarde da segunda feira, pois levaban varios días sen saber del.

O aviso chegou á Policía Local, que coordinou un dispositivo no que participaron profesionais do GES de Mugardos. Desprazados até a zona, os efectivos do GES entraron arredor das 21.15 horas desta segunda feira na vivenda, onde atoparon o cadáver do home.

O achado prodúcese horas despois de que o pasado domingo 25 de agosto tamén fose localizado o corpo sen vida dunha muller octoxenaria en Narón, municipio pertencente tamén á comarca de Ferrolterra.

A muller residía soa nunha vivenda da rúa Miguel de Cervantes, na parroquia de Freixeiro, e, segundo apuntan as primeiras informacións, falecería días atrás de que se atopase o seu corpo.