Localizan varios exemplares de carabela portuguesa en areais de Vigo e O Grove

Un dos exemplares de carabela encontrados en Vigo (Foto: Concello de Vigo).
O Concello vigués recomendou evitar tocalas para devolvelas ao mar, xa que poden xerar síntomas como irritación da pel e problemas respiratorios.

Na xornada desta quinta feira foron localizados varios exemplares de carabela portuguesa en areais das localidades de Vigo e do Grove.

En Vigo, os socorristas da praia do Vao informaron da aparición de dous exemplares deste organismo. Por iso, o Concello colocou a bandeira amarela de precaución e instou os socorristas a reforzar a atención ante calquera novo avistamento.

Desta forma, o Concello recomendou evitar tocalas para devolvelas ao mar, xa que poden xerar síntomas como irritación da pel e problemas respiratorios.

Ante calquera dúbida deberán consultar o servizo de socorrismo e salvamento, e en caso de estar fóra do seu horario, avisar á Policía Local.

Pola súa parte, o servizo de Emerxencias do Grove recibiu a alerta, por parte duns particulares, da aparición dun destes exemplares na praia de Area Grande.

Segundo avistamento

Con todo, na xornada da terza feira tamén retiraron unha carabela portuguesa da praia Burato da Londra. Co cal na localidade apareceron, até o momento, dous.