Loita no ocaso da vida pola dignidade da emigración
A plataforma de emigrantes retornadas e retornados enceta unha vaga de novas mobilizacións con motivo do verán. E é que catro anos despois, o Estado segue aplicando unha lei que lles nega dereitos e lles rouba recursos. Elas e eles seguirán reclamando estes meses diante da Facenda española e anuncian un outono con protestos máis contundentes. Escribimos sobre a súa loita no Sermos Galiza 254.
“Sabes as que pasamos? Meu home e eu inda tiñamos un piso, pero moitos vivían nunha habitación, como os romaneses hoxe aquí. E no verán, cando viñan as nenas e os nenos pasar uns días, había que ir repartíndoos por casas. Moitas mulleres parían os fillos e viñan traerllos aos avós, non porque non quixeran telos alá, é que non podían…”, conta Carme Bolaño, unha forza da natureza. Hai que selo para aos 75 anos, achacosa -moza que casou cun rapaz que andaba por Suíza e emigrou- seguir á fronte dos protestos das e dos emigrantes retornados en Ourense, no país, coller un avión se fai falta para ir a Bruxelas e onde sexa necesario, por ela, pola memoria do seu home, por todas elas. “Sabes as que pasamos? –repite-. Pregúntalle á Concha e ao Crisanto que eles foron a Alemaña”.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 254, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]