Máis de 14.500 persoas recibiron a AstraZeneca na primeira vacinación masiva da Galiza
Suman máis de 14.500 persoas, segundo datos da Consellaría de Sanidade, as que recibiron doses na primeira vacinación masiva que tivo lugar onte en todo o territorio galego, antes de rematar a xornada en puntos como o Ifevi de Vigo.
Segundo os datos do Sergas, estas 14.734 persoas vacinadas supoñen 77,7% das 18.950 citados. Até esa hora, había contabilizadas preto de 900 persoas que non foron vacinadas por renuncias, contraindicacións ou excepcións.
En concreto, o maior número de vacinas administrouse en Vigo, no Ifevi, onde a recibiron un total de 3.284 persoas, 74,6% das citadas, e no Ifeco da Coruña, onde se inxectou a 2.899, 78,35% das convocadas.
Na Cidade da Cultura de Compostela foron 1.648 persoas as vacinadas, 82,5% das que estaban chamadas.
O Hospital Lucus Augusti (HULA) e o Expourense acolleron a vacinación de 1.363 e 1.305 persoas, respectivamente, que representaron 80,2% e 76,8% das convocadas. Ademais, administráronse 1.276 doses no Pazo da Cultura de Pontevedra, 75% das previstas, e 1.027 no FIMO de Ferrol, 79% das citadas.
Nos sete restantes puntos administráronse doses a entre 149 e 400 personas e as porcentaxes de vacinadas en relación ás convocadas situáronse 73,7% e 82%.
A vacinación fíxose integramente con dose de AstraZeneca e a partir dos apelidos da letra H, elixida por sorteo.