64 páxinas a maiores no número 250

Máis de 30 voces compoñen un retrato plural do país no especial do V aniversario do Sermos

O suplemento que acompaña o Sermos 250 abarca nas súas 64 páxinas unha ampla selección de temas e enfoques, que durante os próximos días iremos adiantado. Xosé Mexuto, Carme Adán, Antón Losada, Valentín García ou Miguel Anxo Bastos, son algunhas das sinaturas que analizarán o panorama político galego.

Un Sermos Galiza moi especial polo noso V aniversario. Este 15 de xuño, o semanario sairá acompañado dun suplemento sen precedentes para celebrar o número 250 da publicación. Unha peza única onde reunimos unha trintenta de voces para compoñer un retrato plural do país e para reflexionar sobre o que ocorreu durante último lustro. Un total de 104 páxinas que estarán á venda ao prezo de sempre.

O especial abarca nas súas 64 páxinas unha ampla selección de temas e enfoques, que durante os próximos días iremos adiantado. Lingua, ecoloxismo, sanidade, feminismo, deporte, pensamento político, xeopolítica, América Latina, lusofonía, banca, innovación, empresa, traballo, patrimonio, literatura, teatro, historia, música... entre moitos outros. Destaca a sección de Política, cun feixe de sinaturas para entender a Galiza presente.

Un percorrido polos partidos políticos da oposición durante os últimos anos, a cargo do director da edición dixital de Sermos Galiza, Xosé Mexuto. Falamos con Carme Adán sobre pensamento político e filosofía. Entrevistamos o profesor da USC Antón Losada para preguntarlle sobre as chaves da política actual no país e a Valentín García para reflexionar sobre lingua e poder. Ou nos adentramos no Partido Popular como movemento sociopolítico, nas súas fortalezas e debilidades, un tema analizado polo tamén docente da universidade compostelá Miguel Anxo Bastos.

Estes contidos e moito máis a partir do 15 de xuño no especial, que estará dispoñíbel na nosa loxa e nos puntos de venda habituais.