Máis de 6.000 mulleres denunciaron violencia machista en Galiza en 2017

¡

As denuncias por  esta causa no noso país aumentaron en 13,3% en 2017

Os xulgados de Galiza recibiron en 2017 un total de 6.436 denuncias por violencia de xénero, un 13,3 % máis con respecto ao ano anterior, cando se presentaran 5.683. Son datos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, que informa que en Galiza “rexistráronse 6.001 mulleres vítimas de violencia de xénero nas denuncias recibidas en 2017”.

 

A maior parte dos casos (4475) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima.  Ao longo do 2017 un total de 402 vítimas acolléronse á dispensa da obriga legal de declarar, o que supón un 6,7%. En 2016 acolléranse a este dereito as prexudicadas en 314 casos, un 28 por cento menos que o ano pasado. O número de ordes e medidas de protección solicitadas en 2017 nos xulgados galegos foi de 1.928 (un 13,9 % máis que o ano anterior), das que se adoptaron 1284.

 

 

Galiza é, segundo este informe, un dos terrotorios cunha taxa de violencia machista (vítimas por cada 10.000 mulleres) máis baixa do Estado, con 42,74 persoas, fronte ás 66,65 do conxunto español.