A mala calidade do aire só persiste na zona de Vigo

O ceo, cuberto de fume en Vigo, esta semana. (Foto Nós Diario)

Mellora a calidade do aire no conxunto da Galiza, coa maioría de estacións de control marcando un estado  "favorábel" ou "regular".

A calidade do aire mellora na Galiza, coa maioría de estacións de medición en situación favorábel ou regular agásdous puntos de Vigo que teñen unha calidade mala.

Segundo a web de Meteogalicia, os dous puntos da cidade olívica que se atopan neste nivel é a estación de Coia e no polígono de Balaídos, onde está a fábrica de Stellantis.

Este nivel, aínda, débese ao contaminante PM25 -que se orixinan nos incendio-- como consecuencia dos lumes do norte de Portugal.

Desta forma, a calidade do aire na Galiza é favorábel en 48,8% das estacións, regular en 27,9% e boa en 18,6%.

Durante esta xornada Galiza atópase na influencia dun centro de baixas presións pouco profundas centradas ao norte e coa circulación do noroeste. O vento é frouxo en dirección variábel con predominio do compoñente norte.

Copernicus, o compoñente de observación da Terra do programa espacial da Unión Europea (UE), advertiu esta quinta feira que os incendios forestais de Portugal liberaron xa o nivel máis alto de emisións de carbono en setembro nos 22 anos do conxunto de datos do Sistema Mundial de Asimilación de Incendios (GFAS, polas súas siglas en inglés).