Procesións relixiosas en terra non, no Sebastián Elcano si

Procesión dos mariños do Juan Sebastián Elcano (Foto: Nós Diario).

A localidade de Marín recibiu durante a xornada deste domingo o Juán Sebastián Elcano, que atracou na localidade galega para dar por concluído anticipadamente o seu 92 cruceiro de instrución debido á pandemia da COVID-19.

Do Juan Sebastián Elcano -que saíu do porto de Cádiz a principios do pasado mes de novembro- desembarcaron 197 persoas entre oficiais, suboficiais, cabos, mariñeiros e persoal civil.

Pouco antes de tomar terra na Galiza, os mariños protagonizaron unha estampa que se fixo viral nas redes socais, pois na noite do denominado Venres Santo procesionaron dentro do barco.

Mentres no Estado as procesións e concentracións (relixiosas ou non) de xente están prohibidas a mariñeiría e oficialidade do buque escola da armada española ateigaba a cuberta para protagonizar un acto relixioso e amosar que a bordo non imperan as restricións do estado de alarma establecidas en terra.