Medallas Castelao 2024: Asociación de Médicos Galegos, Leilía, Maite Isla, López Seijas e Borja Golán

As compoñentes de Leilía Ana, Rosario e Mercedes Rodríguez, Felisa e Patricia Segade e Montse Rivera. (Foto: Culturactiva)
Amancio López Seijas, fundador e presidente do grupo Hotusa; grupo organizador do Foro 'La Toja', que deturpa o nome deste lugar do Grove, figura entre os premiados.

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal seta segunda feira a relación dos condecorados coa Medalla Castelao correspondente á súa edición de 2024, entre os que se atopan a Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e o grupo de 'pandereteiras' Leilía.

Tamén foron recoñecidos o empresario natural de Chantada Amancio López Seijas, fundador e presidente do grupo Hotusa; así como o xogador de squash compostelán Borja Golán e a viguesa Maite Isla, presidenta da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sahara (CEAS-Sahara).

A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta daGaliza e que "recoñece a achega profesional e persoal de personalidades ou institucións polo seu traballo no ámbito artístico, literario, intelectual ou en calquera campo significativo para a Galiza".

Este galardón entrégase cada ano o 28 de xuño, para conmemorar a traída á Galiza dos restos de Daniel Rodríguez Castelao.

En 2023 as persoas galardoadas con esta medallas foron  a atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio, a escritora Ledicia Costas, o grupo Siniestro Total —que se despediu en 2022 dos escenarios após catro décadas—, o empresario de orixe galega Lino de Prado e o médico oncólogo Rafael López.